O eucalipto (Eucaliptus globulus), tamén chamado alcolito ou alcolitro, é unha árbore foránea procedente de Oceanía.

Foi introducida en Galicia por frai Rosendo Salvado e deseguida foi espallado polos catro puntos cardinais ao longo da nosa terra, substituíndo á flora autóctona, representada na súa máxima expresión polo bosque atlántico.

Hoxe en día ocupa a maior parte da superficie de arborado de Galicia a xeito de monocultivo e é a base da explotación forestal do noso país.

Un dos principais problemas nos últimos tempos é a praga do Gonipterus.

 
O eucalipto