|
Peitieiros
|

|
O nome da parroquia parece estar relacionado cunha pranta (cardo) e coa labor de cardar o liño (peitear). Os lugares da parroquia son: Piñeiro (Muíños novos, Os Amados), Peroleira (Tom, Pividal), A Gándara, A Fonte e A Area. Peitieiros é unha das 10 parroquias do concello de Gondomar, conta cuns 1000 habitantes. Nun dos primeiros documentos históricos no que figuran datos da parroquia, datado de 1556, indica que conta con 200 habitantes, o 10% da totalidade de Gondomar, posteriormente a evolución demográfica (PDF) reduciu esta proporción ata un 5% actual. Na parroquia sitúase o colexio público CEIP Neira Vilas que ademais recolle os nenos e nenas das parroquias de Chaín, Morgadáns e Couso. A igrexa, San Miguel de Peitieiros, ten un pórtico románico do século XII sendo reconstruída no século XVII, a casa reitoral ten tamén interese aruitectónico. O cemiterio foi construído co diñeiro enviado polos emigrantes de Cuba. Na parroquia hai tres cruceiros e un peto de ánimas en Piñeiro que representa as alimñas e á Virxe do Carme, actualmente moi deteriorado. No monte hai un petroglifo e no Curuto do Castro un xacemento da idade do ferro, o único que se aprecia é unha pía tallada nunha rocha do curuto e uns escalóns denominados pegadas dos mouros. Entre as casas solariegas atópanse diversas construccións de interese como a casa de Troncoso e o Pazo de Piñeiro. Soliño et all. 1995 Gondomar. Historia, arte y territorio. Os veciños e veciñas da parroquia son moi participativos a través das diferentes organizacións parroquiais.
|